A D.O. Valdeorras traerá cada ano a obra dun fotógrafo de recoñecido prestixio á comarca
Compromiso co sector vitivinícola e coa arte. O Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras vén de poñer en marcha un novo proxecto que xungue estes dous eidos: “Un universo en cada ollada”.
A iniciativa pretende achegar a Valdeorras a recoñecidos fotógrafos, ofertando así unha manifestación cultural que repercutirá na súa propia divulgación. O primeiro deles é Will Agar, un fotógrafo norteamericano, que vén de ceder ao consello regulador, durante un ano, 25 imaxes en branco e negro “para que as xestione en beneficio da súa promoción”.
A mostra poderá visitarse na sede do órgano réctor en Vilamartín ata o 18 de xaneiro. A partires desa data porase a disposición dos concellos valdeorreses que o soliciten, “previo acordo subscrito coa D.O.”, co fin de que a mostra rote pola comarca.
Texto: Ángeles Rodríguez Foto: Carlos G. Hervella
Fuente: Osil.info
Adega A Coroa is the only winery in the D. O. Valdeorr...
Adega A Coroa: rewarded in the most important contest ...
III ENCUENTRO DE POETAS DEL MAR Y DEL INTERIOR EN “A...
Xantar 2011 es el Salón Gallego de Gastronomía y Turismo q...